CICLO WEBINARIOS PAÍS: OPORTUNIDADES PARA AS EXPORTACIÓNS GALEGAS EN MÉXICO E CHINA
A Xunta continúa o ciclo de videoconferencias sobre as oportunidades para as exportacións galegas en diversos destinos mundiais. Despois de coñecer a situación dos mercados de Perú, Marrocos e Estados Unidos, as Antenas Igape en México e China achegarán análises sobre as oportunidades e as perspectivas económicas para as vendas galegas neses destinos no actual contexto internacional.
México
O primeiro dos encontros estará centrado nas novas perspectivas e oportunidades para o sector agroalimentario galego en México e celebrarase o vindeiro martes 2 de marzo ás 17 horas. Ademais da directora da Antena Igape e dun consultor especializado nese mercado, intervirán representantes das empresas mexicanas Grupo Novelda, Palacio de Hierro e City Market.
Así mesmo, as empresas asistentes interesadas poden pedir unha cita coa Antena Igape nese país para celebrar entrevistas individuais -con formato de punto de encontro dixital- os próximos días 3, 4 e 5 de marzo pola tarde.
Programa, inscricións e solicitudes de entrevista
China
O webinario dedicado ao mercado de China terá lugar o luns 15 de marzo ás 9 horas. Nel abordaranse as tendencias actuais da economía deste país coas intervencións dos responsables da Antena Igape, a directora do Departamento Comercial en Vanhang e representantes das empresas 2Open, Conservas Albo e CLUN.
As empresas asistentes interesadas tamén poderán poden pedir unha cita coa Antena Igape nese destino para celebrar entrevistas individuais -con formato de punto de encontro dixital- os próximos días 16, 17 e 18 de marzo. Programa, inscricións e solicitudes de entrevista
Máis información: formacion.internacionalizacion@igape.es
|