ENCONTRO COA PLATAFORMA EMPRESARIAL DE GALICIA EN MÉXICO. Santiago de Compostela e Vigo
O Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e a Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) impulsan o Encontro coa Plataforma Empresarial de Galicia en México (Pexga México), que terá lugar os vindeiros días 5, 6 e 7 de maio nas cidades de Santiago de Compostela e Vigo.
O martes día 5, en Santiago, haberá unha conferencia sobre “Empresas Españolas en México e Estado de Dereito”. Relatores expertos abordarán diferentes áreas de interese do dereito mercantil, tributario, laboral e migratorio, licitacións e procesos de expatriación en México, co obxectivo de transmitir a experiencia que poida ter unha empresa galega neste país. Trala súa exposición, os asistentes poderán entablar un coloquio cos dous expertos.
O xoves día 7, en Vigo, desenvolverase o taller “¿Por qué México? Visión Xeral sobre Sectores de Oportunidade”, no que se ofrecerá aos asistentes unha aproximación ás oportunidades actuais de negocio, ás fortalezas comerciais e ás posibilidades de implantación das empresas.
Nas dúas cidades, os días 6 e 7, as empresas interesadas poderán manter encontros bilaterais cos responsables da Plataforma Empresarial en México. Nestas reunións, dunha duración aproximada de 20-25 minutos, os asistentes contarán coa posibilidade de formular as cuestións que consideren oportunas, así como coñecer de primeira man de que xeito os servizos que ofrece a Plataforma de Galicia lles poden ser útiles.
Programa
Os interesados en participar deberán remitir un correo electrónico á dirección info@pexga.es, co asunto “Encontro Pexga México 5-7 de maio de 2015” e no que faga constar os datos de empresa e persoa que asiste (nome, cargo e datos de contacto), así como:
- Se desexa asistir a conferencia Empresas Españolas en México e Estado de Dereito, que se celebrará o día 5 en horario de 10:00 a 12:30h en Santiago de Compostela.
- Se desexa asistir ao taller ¿Por qué México? Visión Xeral sobre Sectores de Oportunidade que se celebrará o día 7 en horario de 9:30 a 11:00 h en Vigo.
- Se desexa entrevistarse co director adxunto da Plataforma Pexga en México, en que cidade e a súa preferencia horaria.
|
|
|
|