XORNADAS CAPACITA DIRECTIVOS. MÉRCORES, 25 DE NOVEMBRO: TIC E TRANSFORMACIÓN DIXITAL
No marco do proxecto Capacita Directivos, a Xunta -a través do Igape-, o Círculo Financeiro de Galicia e a Asociación para o Progreso da Dirección (APD) organizan a xornada Un mundo híbrido, analóxico e dixital, é a 'nova realidade': TIC e transformación dixital, que se desenvolverá o vindeiro mércores 25 de novembro, a partir das 9.30 horas en formato en liña e as 9 horas en formato presencial (na Coruña, no Hotel Attica 21, rúa Enrique Mariñas Romero, 34).
O encontro contará coa participación de empresas do sector, expertos da Universidade de Santiago de Compostela e o centro tecnolóxico Gradiant e representantes do Clúster TIC. Debateranse cuestións relacionadas coa implantación das innovacións tecnolóxicas, como se está a abordar en Galicia, o seu papel na recuperación económica e como evitar investimentos ineficaces.
Con esta xornada pecharase o ciclo dedicado á Empresa intelixente. Competitividade e crecemento empresarial en Galicia, que afonda na situación dalgúns dos sectores estratéxicos galegos.
Máis información e inscricións
|
|
|
|