XOVES, 15 DE OUTUBRO: FORO O ECOSISTEMA EMPRENDEDOR EN ESPAÑA
Reflexionar sobre a situación do ecosistema de emprendemento en España a partir da crise sanitaria, económica e social; debater sobre propostas que poidan axudar na actividade das empresas; expor ideas que poidan orientar a actuación das Administracións públicas para favorecer a recuperación; e reflexionar sobre o modelo económico e empresarial, as oportunidades de xeración de riqueza e emprego e os retos actuais e de futuro da economía e a sociedade, son os obxectivos do foro O ecosistema emprendedor en España, que se celebra o vindeiro xoves 15 de outubro, a partir das 9.30h.
O encontro ten formato mixto -presencial e telemático- e facilitará a retransmisión en directo a través de canles dixitais. Ademais de representantes institucionais e expertos, contará coa participación de pemes das distintas comunidades autónomas, incluída Galicia.
A Xunta, a través do Igape, forma parte do Foro ADR, que organiza a xornada xunto con ENISA e coa colaboración do Ministerio de Industria, Comercio e Turismo. O Foro ADR agrupa ás Axencias de Desenvolvemento Rexional para contribuir a que presten un servizo público de calidade a empresas e emprendedores.
Programa e inscricións
|
|
|
|