PUNTO DE ENCONTRO COA PLATAFORMA DA XUNTA DE GALICIA EN BRASIL. LUGO, SANTIAGO E A CORUÑA
O Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) e a Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) organizan un novo encontro coa Plataforma Empresarial de Galicia en Brasil (Pexga Brasil), que terá lugar os próximos días 28, 29 e 30 de abril nas cidades de Lugo, Santiago de Compostela e A Coruña.
O programa previsto é o seguinte:
Martes, 28 de abril:
Lugar: Sede da CEL, Praza de Santo Domingo, 6-8, 2ª Planta. Lugo
Programa: Encontros bilaterais con empresas (previa cita)
Horario: 16.00 h - 20.00 h
Mércores, 29 de abril:
Lugar: Sede do IGAPE, San Lázaro, s/n. Santiago de Compostela
Programa:
Taller: Por qué Brasil? Oportunidades de Negocio. Horario: 10.00 h -12.00 h
Encontros bilaterais con empresas (previa cita). Horario: 12.30 h -15.00 h
Encontros bilaterais con empresas (previa cita). Horario: 16.00 h -19.00 h
Xoves, 30 de abril:
Lugar: Sede da CEC, Praza Luis Seoane, torre 1, entreplanta. A Coruña
Programa: Encontros bilaterais con empresas (previa cita)
Horario: 09.00 h -14.00 h
As empresas interesadas no mercado brasileiro poderán entrevistarse individualmente co director da Plataforma os días 28, 29 e 30 de abril en Lugo, Santiago e A Coruña respectivamente. Nestas reunións, dunha duración aproximada de 20-25 minutos, os asistentes poderán formularlle as cuestións que consideren oportunas, e coñecer de primeira man de qué forma os servizos que ofrece a Plataforma Pexga en Brasil lles poden ser útiles.
Ademais, o mércores día 29 de abril o Director de Pexga Brasil ofrecerá unha aproximación ás oportunidades actuais de negocio, ás fortalezas comerciais e ás posibilidades de implantación no país para as empresas galegas.
Os interesados en participar deberá remitir un correo electrónico á dirección info@pexga.es, co asunto "Encontro Pexga Brasil 28-30 de abril de 2015", indicando:
- se desexa entrevistarse co Director da Plataforma Pexga en Brasil, en qué cidade e a súa preferencia horaria.
- Se desexa acudir ao taller Por qué Brasil? Oportunidades de Negocio. Visión xeral sobre implantación en Brasil, que se celebrará en Santiago de Compostela en horario de 10.00 a 12.00 horas.Prazas limitadas
Programa
|