O MUNDO QUE VÉN, 7ª EDICIÓN. PROGRAMA CAPACITA DIRECTIVOS
No marco do proxecto Capacita Directivos, a Asociación para o Progreso da Dirección (APD) e a Xunta, a través do Igape, organizan a sétima edición da xornada O mundo que vén.
O encontro, que se desenvolverá o próximo 21 de outubro a partir das 9.15h nun formato mixto -presencial e en liña-, celebrarase en clave de propostas para unha recuperación económica e social que nos incumbe a todos, no contexto provocado pola pandemia da covid-19.
O programa reúne a expertos e profesionais que teñen moito que aportar para construír o futuro. Entre os relatores figuran Juan Ignacio Crespo, Antón Costas, Elsa Punset, Carles Grau, Juan Manuel Velasco, Carina Szpilka e Pedro Baños.
Os interesados poden inscribirse de xeito gratuito, facendo uso do código invitación: I20VD7J5.
Programa e inscricións
|
|
|
|