GALICIATIC 2020: TENDENCIAS TECNOLÓXICAS PARA O FUTURO PRÓXIMO. OPORTUNIDADES PARA GALICIA
GaliciaTIC, o foro tecnolóxico de referencia en Galicia no que se dan cita diferentes profesionais do sector TIC, xunto con actores doutros ámbitos interesados na adopción de tecnoloxía, abrirá as portas da súa 18º edición os vindeiros 14, 15 e 16 de outubro.
Organizado por Ineo (Asociación de Empresas de Tecnoloxía de Galicia), coa colaboración da Xunta e distintas entidades privadas, o encontro deste ano terá como temática central as tendencias tecnolóxicas para o futuro próximo e as oportunidades que ofrecen para Galicia, nun momento no que a trasformación dixital deixou de ser opcional e no que é imprescindible o seu impulso nos sectores con baixa intensidade de implantación.
Esta edición será totalmente virtual pero tamén se ofrece a posibilidade de asistir de forma presencial, segundo a normativa, durante a mañá do mércores 14 de outubro.
Máis información e programa
Inscrición (en tipo de inscrición, seleccionar CONVIDADO PATROCINADOR e introducir o código invitación: GT2020_IGAPE)
|
|
|
|