COMO PODE AXUDAR O IGAPE RESPONDE Á MIÑA EMPRESA: WEBINARIO SOBRE A LIÑA GRATUÍTA DE ASESORAMENTO
Para informar dos apoios que ofrece a lCOMO PODE AXUDAR O IGAPE RESPONDE Á MIÑA EMPRESA: WEBINARIO SOBRE A LIÑA GRATUÍTA DE ASESORAMENTO iña de asesoramento gratuíta en rede do programa Igape Responde, o vindeiro mércores 23 ás 13h terá lugar o primeiro dos encontros dixitais que inclúe esta iniciativa, dirixida a achegar soporte en diferentes ámbitos (financiamento, negocio, operacións, persoas) e en xeral.
Grazas a esta liña, autónomos e empresas poden acceder a 14 tipos de medidas que se implementan de xeito rápido durante dúas semanas, cun seguimento posterior dun mes e unha intensidade de 25 horas de consultoría personalizada. Entre outros resultados, estas medidas poden xerar un clima de maior confianza, atopar novas fontes de ingresos no negocio, captar e fidelizar clientes, manter os servizos en remoto ou mellorar a motivación, a cohesión e o compromiso dos equipos.
Xunto co asesoramento do equipo técnico do Igape e os máis de 60 expertos e consultores dispoñibles, a liña facilitará de xeito periódico boletíns e vídeos informativos, webinarios e respostas ás preguntas e dúbidas máis formuladas por eles.
Programa e inscrición do encontro dixital
Máis información sobre o Igape Responde
|
|
|
|