EMPRENDEMENTO: PRESENTACIÓN DO INFORME GEM GALICIA 2019/20
A Universidade de Santiago de Compostela (USC), presentará o vindeiro venres 25 de setembro o Informe GEM Galicia 2019/20, realizado polo equipo de investigación que leva o mesmo nome en colaboración coa Xunta, a través do Igape, e o apoio de AJE Galicia (Federación Galega de Xoves Empresarios). Con periodicidade anual, este informa avalía a evolución do emprendemento en Galicia.
A xornada de presentación -en liña- terá lugar no marco do Encontro Ibérico de Investigación e Educación en Emprendemento, que reunirá os días 24, 25 e 26 en Santiago de Compostela a docentes e investigadores españois e portugueses para facilitar que a comunidade científica poida presentar e debater de maneira conxunta –presencial ou en remoto– medidas, accións e propostas para axudar o ecosistema emprendedor no actual contexto económico.
A apertura do encontro realizarase ás 9.30h. A continuación daranse a coñecer os resultados do informe.
Presentación do Informe GEM Galicia 2019/20: programa e inscricións
Encontro Ibérico de Investigación e Educación en Emprendemento: máis información
|
|
|
|