CONCURSO DE IDEAS E PROXECTOS SPIN_UP: ABERTO O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE INICIATIVAS
Estimular a creación de empresas a través da transferencia de tecnoloxía e coñecemento entre as universidades e o tecido empresarial e fomentar a colaboración entre o mundo empresarial, o universitario e as administracións na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal son os principais obxectivos do proxecto europeo Spin_Up Definición e implementación de núcleos locais de transferencia para a promoción de SpinOffs Universitarias e StarUps innovadoras.
Como líder desta iniciativa, a incubadora Uninova da Universidade de Santiago de Compostela (USC), organiza un concurso de proxectos innovadores destinado a toda a comunidade universitaria de Galicia, co obxectivo de recoller ideas innovadoras que ofrezan solucións a retos empresariais. O prazo de presentación de propostas estará aberto desde o 6 de xullo ata o 30 de setembro de 2020.
Spin_Up está liderado pola USC e impulsado pola Xunta, a través do Igape, a Cámara de Comercio de Santiago de Compostela, a Asociación Área Empresarial do Tambre, a Universidade do Porto e ANJE (Asociación Nacional de Jóvenes Empresarios) de Portugal.
As candidaturas deberán presentarse a través do seguinte enlace: formulario de inscrición.
Consulta das bases: bases do concurso Ideas e Proxectos Spin_Up.
Se non tes un proxecto que propoñer pero queres aportar os teus coñecementos no desenvolvemento dunha iniciativa podes inscribirte no seguinte enlace: formulario de inscrición colaborador.
Máis información proxecto Spin_Up.
|
|
|
|