BUSINESS FACTORY AERO: PRESENTACIÓN DA TERCEIRA CONVOCATORIA
A Business Factory Aero (BFAero), a primeira aceleradora galega do sector aeronáutico e dos vehículos non tripulados, acada a súa terceira edición. Para presentar esta nova convocatoria, o vindeiro 6 de xullo a partir das 11 h terá lugar un encontro dixital, no que se informará dos apoios que ofrece a aceleradora aos emprendedores e as pemes do sector, tanto para impulsar proxectos na fase de incubación como na de aceleración.
A BFAero forma parte da Civil UAVs Initiative (CUI) impulsada pola Xunta. O seu obxectivo é facer despegar empresas con ideas innovadoras procedentes de toda España para o seu desenvolvemento e lanzamento no ámbito local, nacional e internacional. Para iso conta co apoio de entidades públicas e empresas multinacionais de referencia da aeronáutica e os vehículos non tripulados, como Indra e Babcock.
Programa e inscricións encontro dixital de presentación
Máis información da BFAero
|
|
|
|