BUSINESS FACTORY AUTO: ABERTO O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE PROXECTOS ATA O 2 DE OUTUBRO
A Business Factory Auto (BFA) vén de abrir o prazo de presentación de proxectos para a súa quinta convocatoria. Desde hoxe ata o próximo 2 de outubro as iniciativas emprendedoras do sector da automoción poden solicitar o apoio da BFA, tanto na fase de aceleración, para iniciativas incipientes, como na de consolidación, para propostas con maior grado de madurez.
Os proxectos seleccionados poderán ter acceso a apoio financeiro (ata 375.000 € por iniciativa), un espazo de traballo, asesoramento e formación, rede de contactos e incorporación ao sector de automoción galego, liderado polo Clúster de Empresas de Automoción de Galicia (CEAGA) e coa participación de Groupe PSA e o resto de compañías da industria.
A BFA é unha iniciativa promovida pola Xunta, o Consorcio da Zona Franca de Vigo (CZFV), Groupe PSA e CEAGA. O seu obxectivo é a aceleración e consolidación de proxectos especializados no sector e a súa transformación en empresas innovadoras, viables e escalables.
Máis información e inscricións
|
|
|
|