INVITACIÓN A PARTICIPAR NA ENQUISA DO ESTUDO SOBRE A XESTIÓN DE RISCOS NO SECTOR EMPRESARIAL GALEGO
A Universidade de Santiago de Compostela (USC) e a Fundación Inade, coa colaboración da Xunta, a través do Igape e ao abeiro do convenio marco coa USC, están a realizar un estudo sobre a xestión dos riscos no sector empresarial galego. Para contribuír a elaboración desta análise, os promotores da investigación invitan ás empresas galegas a realizar unha enquisa.
O estudo dá continuidade ao feito en 2015 e pretende ser unha ferramenta útil para avaliar a situación xeral, os riscos aos que se expoñen en maior medida as empresas e a capacidade do sector empresarial para afrontalos. Trátase dunha investigación moi necesaria nun momento no que as empresas sofren o impacto dunha pandemia e están expostas aos riscos emerxentes que xorden do cambio climático, da automatización e da dixitalización.
Os resultados que ofreza a enquisa permitirá ás propias empresas e demais axentes económicos deseñar estratexias e políticas que permitan sacar proveito dos riscos ou moderar o seu impacto, tendo en conta que a súa xestión é un factor determinante da solvencia e da competitividade do tecido empresarial galego.
A información será tratada con confidencialidade e o traballo final só recollerá información agregada das empresas participantes no estudo.
Enlace para cubrir a enquisa: https://form.jotformeu.com/91707238329361
En caso de requirir axuda, dirixirse a: cergi@usc.es ou 655 055 871
|
|
|
|