PRESENTACIÓN DE PROPOSTAS DO SISTEMA GALEGO DE I+D+i NA LOITA CONTRA O COVID-19
No contexto da emerxencia actual provocada pola pandemia do COVID-19, a Xunta lanza una chamada para identificar todas as capacidades do sistema galego de I+D+i na loita contra o novo coronavirus.
A través dun formulario web habilitado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria na páxina web da Axencia Galega de Innovación, recóllense as propostas de empresas e centros de coñecemento para aportar solucións innovadoras maduras que poidan ser útiles ás autoridades sanitarias para loitar contra o COVID-19. O prazo límite para achegar as solucións é o venres 27 de marzo.
Máis información sobre esta convocatoria
PROXECTOS DE INVESTIGACIÓN SOBRE O SARS-COV-2 E A ENFERMIDADE COVID-19
O Instituto de Salud Carlos III tamén vén de abrir un programa de axudas para proxectos que teñan como obxectivo xerar coñecemento sobre a infección, dotado con 24 millóns de euros, e que ten actualmente aberta unha chamada de expresións de interese.
As propostas poden achegar: técnicas de diagnóstico virolóxico rápido; caracterización clínica-biolóxica-molecular da enfermidade; desenvolvemento de terapias innovadoras; caracterización do virus SARS-CoV-2; desenvolvemento de vacinas, eficacia e aplicabilidade: vixilancia epidemiolóxica e epidemioloxía molecular; impacto socio-económico; e intelixencia artificial e análise masiva de datos integrados orientados ao control epidemiolóxico da enfermidade.
Máis información sobre esta convocatoria
Máis información dirixida ao sistema galego de I+D+i
|