LUNS, 9 DE MARZO: PROGRAMA CHEQUE BREXIT. XORNADA DE PRESENTACIÓN
O próximo luns 9 de marzo, a partir das 9 h, terá lugar na Confederación de Empresarios de Pontevedra (avenida García Barbón, 104), en Vigo, unha xornada de presentación da nova liña de axudas Cheque Brexit, que vén de activar a Xunta a través do Igape para reforzar a posición das empresas galegas tras a saída do Reino Unido da Unión Europea.
Os asistentes ao evento poderán coñecer con detalle os apoios que ofrece o programa. Ademais, a través da explicación de casos prácticos, informarase con exemplos sobre os diagnósticos e plans de continxencia que se facilitarán ás compañías que o soliciten, con especial atención ás pemes.
Máis información, programa e inscricións
|
|
|
|