BUSINESS FACTORY FOOD: ABERTO O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE PROXECTOS NA CONVOCATORIA DE CONSOLIDACIÓN
A Business Factory Food (BFFood) terá aberto ata o vindeiro 31 de marzo o prazo de presentación de proxectos do programa de consolidación da súa segunda edición. Este programa ofrece apoio integral e especializado no sector alimentario durante 12 meses e está dirixido a empresas xa constituídas cun produto ou servizo definido e primeiras vendas xa realizadas, aliñado con algún dos retos que busca resolver o sector alimentario a través da aceleradora.
A BFFood é unha iniciativa promovida pola Xunta de Galicia, a través do Igape, Gain e XesGalicia, e CLUSAGA, e na que colaboran empresas galegas tractoras do sector, como Grupo Calvo, Grupo Nueva Pescanova, Bodegas Martin Codax, Kiwi Atlántico, Clavo Food Factory, CLUN Cooperativas Lácteas Unidas, Quescrem y Torre de Nuñez. Ademais, participan entidades como as Universidades de Vigo, Santiago de Compostela e A Coruña, Anfaco-Cecopesca, a Asociación Galega de Cooperativas Agrarias (AGACA), Gradiant, a Cámara de Comercio de Santiago de Compostela e a Fundación FEUGA.
Máis información e inscricións
|
|
|
|