DAYONE INNOVATION SUMMIT SANTIAGO: ENTREGA DO PREMIO EMPRENDEDOR XXI
A Xunta de Galicia, a través do Igape e en colaboración con CaixaBank DayOne, convoca ao Dayone Innovation Summit de Santiago de Compostela, xornada na que terá lugar o acto de entrega do Premio Emprendedor XXI na nosa Comunidade.
O evento terá lugar a partir das 10 horas no auditorio da Biblioteca de Galicia, na Cidade da Cultura, e a súa temática centrarase no concepto de mobilidade e os retos e desafíos que afrontan as cidades para mellorar a súa habitabilidade e eficiencia ambiental. Ademáis, poderán coñecerse os casos de éxito xurdidos da colaboración público-privada no programa Business Factory Aereo e participar nos seus espazos de networking.
Programa e inscricións
|
|
|
|