GALICIA GLOBAL 2019. GLOBALIZANDO GALICIA: UN CRUCE DE PERSPECTIVAS
Santiago de Compostela acollerá o xoves 19 de decembro a terceira edición de Galicia Global, punto de encontro dos directivos galegos no exterior e dos que traballan en Galicia. Organizado pola Asociación Española de Directivos (AED) coa colaboración da Xunta de Galicia, a través do Igape, o encontro ten como obxectivo fortalecer as relacións e o intercambio de experiencias entre líderes galegos internacionais.
Este ano o evento conta con dúas novidades: a entrega do Premio Galicia Global, que vai galardoar á directiva galega Josefina Fernández, CEO de DomusVi, e a presentación do informe Directivos galegos no exterior, que expón as inquietudes e perspectivas profesionais dos executivos galegos no exterior.
-
Data e hora: Xoves 19 de decembro de 2019, de 12 a 14 horas.
-
Lugar: Cidade da Cultura de Galicia (Sala 2 Edificio Cinc). Monte Gaiás, s/n.
-
Contacto e reserva de praza: olga.macia@asociaciondedirectivos.org e 902537153
Máis información
|
|
|
|