A Red Localis, en colaboración coa Xunta de Galicia e a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), organiza unha xornada sobre a redución de cargas administrativas no exercicio de actividades económicas, co obxectivo de analizar o marco normativo que lles afecta: a Lei de emprendemento e da competitividade de Galicia e o Decreto de regulación integrada de actividades económicas e apertura de establecementos.
No evento, que terá lugar o vindeiro
25 de outubro no salón de graos da Facultade de Dereito da Universidade de
Santiago de Compostela (Campus Vida, avenida doctor Ángel Echeverri, s/n), examinaranse tamén as experiencias municipais na implantación das novas técnicas de intervención posterior.
A inscripción é gratuita.
ProgramaInscricións (indicar nome, apelidos e filiación)