PROGRAMA MAQUINARIA 4.0: WEBINAR MARTES 15 DE OUTUBRO
O próximo 22 de outubro remata o prazo de presentación de manifestacións de interese para que o sector de fabricantes de maquinaria e bens de equipo de Galicia desenvolva liñas de produto que sirvan en procesos industriais. Trátase dunha invitación aberta pola Consellería de Economía, Emprego e Industria a través do Igape para que empresas de calquera tamaño e agrupacións empresariais definan proxectos de maquinaria ou bens de equipo para os que desexarían ter provedores galegos, co fin de escoller as 5 mellores propostas e apoiar o seu desenvolvemento.
A invitación ten como obxectivo a posta en marcha da nova liña de axudas Maquinaria 4.0, que permitirá incentivar aos fabricantes de maquinaria a desenvolver produtos que dean resposta a necesidades concretas, reforzar a estandarización no sector e facilitar a compra local, nacional e internacional de tecnoloxía feita en Galicia.
Co fin de ofrecer información detallada desta iniciativa e resolver as dúbidas das entidades que poidan estar preparando propostas, o Igape convoca o próximo martes 15 de outubro unha reunión en liña (webinar) coa seguinte axenda:
- 9.45 h. Conexión, presentación e probas de audio/vídeo
- 10 h. Breve explicación do programa Maquinaria 4.0
- 10.15 h. Debate e resolución de dúbidas
- 11 h. Peche
Os interesados en asistir a esta sesión deben enviar un correo electrónico ao enderezo igape-competitividade@igape.es para recibir as instruccións de conexión. O sistema permite ata 24 prazas, que serán asignadas por orde de solicitude.
Información do programa Maquinaria 4.0
|
|
|
|