"O MUNDO QUE VÉN", SEXTA EDICIÓN. 30 OUTUBRO, EN SANTIAGO DE COMPOSTELA
A Asociación para o Progreso da Dirección (APD) organiza conxuntamente coa Xunta de Galicia e a través do Igape, a sexta edición do evento O mundo que vén, que se celebra o próximo 30 de outubro en Santiago de Compostela, e que conta coa colaboración do Círculo Financiero de Galicia.
Como actividade central do programa Capacita Directivos impulsado pola Xunta de Galicia conxuntamente con APD, o obxetivo destas xornadas é xerar un punto de encontro no que debater sobre as transformacións tecnolóxicas e as tendencias empresariais e económicas relacionadas con elas que se avistan, para poder poñer sobre a mesa unha cuestión relevante: que mundo teremos e que mundo queremos no futuro próximo.
Entre os relatores desta sexta edición de O mundo que vén están Virginia Lavín, directora de EL PAÍS Retina; Antonio Costas, catedrático de Economía política; e responsables de desenvolvemento tecnolóxico de empresas como Amazon, Cisco Systems, Tribaldata, Hijos de Rivera e Microsoft.
Aforo limitado.
Programa e inscricións
Código invitación Xunta: I1963MV6
|
|
|
|