ÚLTIMOS DÍAS DE INSCRICIÓN! ESPAZOS COMERCIAIS ES-POPUP DE SANTIAGO DE COMPOSTELA E LUGO
A Consellería de Economía, Emprego e Industria mantén aberto ata o próximo venres 11 de outubro o prazo de inscrición para que os impusores de proxectos de economía social interesados participen nos espazos comerciais ES-PopUp que se desenvolverán os días 17, 18 e 19 deste mes en Santiago de Compostela, e 24,25 e 26 en Lugo.
ES-PopUp impulsa inicaitivas de economía social mediante a creación de espazos comerciais efémeros nos que os participantes poden avaliar, medir ou testar os seus produtos e servizos e o seu modelo de negocio.
A primeira experiencia de espazo comercial ES-PopUp celebrouse en Ourense o pasado mes de xuño. A actividade permitiu a oito proxectos mellorar as súas propostas empresariais.
ES-Pop Up enmárcase no proxecto POCTEP LACES, cofinanciado pola Unión Europea a través do FEDER e liderado pola Secretaría Xeral de Emprego da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia.
Inscrición
Máis información
|
|
|
|