GALICIA OPEN FUTURE: ABERTA A CONVOCATORIA PARA A PARTICIPACIÓN EN DOUS RETOS DE CITIC CENSA
No marco da Edición Retos Industria 4.0, cuarta da aceleradora Galicia Open Future, impulsada pola Xunta de Galicia e Telefónica, a empresa galega de calderería pesada e recepentes a presión CITIC Censa, vén de lanzar dous retos dirixidos a emprendedores, stratups, pemes e organismos de investigación de todo o mundo.
O obxectivo dos proxectos que se presenten é reducir os tempos de mecanizado das grandes pezas que a empresa do Porriño fabrica para centros mineiros. O prazo de presentación das candidaturas finaliza o próximo 21 de outubro.
Tras recibir as propostas seleccionarase un gañador para cada un dos retos, que poderán desenvolver con CITIC Censa un piloto da súa solución, e ata tres finalistas. Cada gañador terá unha axuda da Axencia Galega de Innovación (GAIN), dependente da Consellería de Economía, Emprego e Industria, para a posta en marcha do proxecto piloto. Ademais, gañadores e finalistas poderán acceder a un programa de aceleración e recibirán un patrocinio. Transcorrido o tempo de aceleración, seleccionarase ao mellor dos tres finalistas, que recibirá unha axuda adicional da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA).
Máis información
|
|
|
|