MAQUINARIA 4.0: TALLER DE PRESENTACIÓN DA INVITACIÓN PARA O DESEÑO DA LIÑA DE AXUDAS
A Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través do Igape, activa unha invitación a empresas de calquera tamaño e agrupacións empresariais para que presenten proxectos e manifesten o seu interese en que o sector de fabricantes de maquinaria e bens de equipo de Galicia desenvolva liñas de produto que sirvan nos seus procesos industriais. O prazo de presentación de propostas estará aberto ata o 22 de outubro.
A invitación ten como obxectivo a posta en marcha da nova liña de axudas Maquinaria 4.0, que permitirá incentivar aos fabricantes de maquinaria a desenvolver produtos que dean resposta a necesidades concretas, reforzar a estandarización no sector e facilitar a compra local, nacional e internacional de tecnoloxía ‘made in Galicia’.
Para ofrecer información detallada desta iniciativa, o próximo xoves 3 de outubro a partir das 11 h, terá lugar un taller de presentación en Santiago de Compostela, no Museo Pedagóxico de Galicia (San Lázaro 107). Nel explicarase polo miúdo a convocatoria e os avances no deseño da liña de axudas.
Máis información
Programa do taller
Inscricións: mat@igape.es
Resolución DOG convocatoria da invitación
|
|
|
|