IX SEMANA INTERNACIONAL CONTRACT GALICIA: SANTIAGO DE COMPOSTELA, 30 DE SETEMBRO - 3 DE OUTUBRO
A Xunta, a través do Igape, organiza a IX Edición da Semana Internacional Contract, que terá lugar no Hotel AC Palacio del Carmen en Santiago de Compostela do 30 de setembro ao 3 de outubro.
Como en edicións anteriores, o encontro terá un carácter dinámico, de intercambio de información, de participación e de fomento do networking que favoreza o negocio internacional.
O evento amplíase este ano ao marco da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal. Por iso, contará cunha representación do país veciño, que inclúe a Asociación de Empresarios de Portugal (AEP) e empresas de referencia portuguesas no sector do contract.
A xornada inaugural celebrarase o día 30 de setembro en Santiago de Compostela e a de clausura en Oporto o día 3 de outubro.
As empresas galegas interesadas poderán inscribirse nas seguintes actividades:
Xornada inaugural: luns 30 de setembro, de 8.45 h a 14 h, Hotel AC Palacio del Carmen en Santiago de Compostela. Relatorios e mesas de debate coa posta en común das tendencias e necesidades da Canle Contract a nivel internacional.
Encontros B2B Canal Contract: luns 30 de setembro, de 16 a 19 h e martes 1 de outubro de 10 a 14 h, Hotel AC Palacio del Carmen en Santiago de Compostela. Entre profesionais/industria galega e prescritores internacionais da Canle Contract co obxectivo de favorecer relacións comerciais e xeración de negocio internacional.
As reunións rotarán de xeito flexible e terán unha duración máxima 20 minutos para favorecer o maior número de contactos e a rotación entre os participantes.
Xornada clausura: xoves 3 de outubro en Oporto.
Prazas limitadas
Inscrición gratuita
Programa
Máis información: eciciiplus@igape.es e 981 541 108
|
|
|
|