LUNS 15 XULLO, SANTIAGO DE COMPOSTELA: XORNADA TÉCNICA ICO-IGAPE. INSTRUMENTOS DE FINANCIAMENTO PARA PEMES
Achegar aos autónomos, emprendedores e pequenas empresas os instrumentos de financiamento postos en marcha polo Instituto de Crédito Oficial (ICO) e a Xunta, a través do Igape, é o obxectivo da xornada técnica que se vai desenvolver o próximo luns 15 de xullo a partir das 10 h en Santiago de Compostela, no auditorio 1 do Edificio Cinc da Cidade da Cultura.
A xornada técnica incluirá relatorios de expertos do ICO e o Igape sobre as liñas de apoio financeiro que ofrecen estas entidades, ademais dunha mesa redonda na que pemes galegas relatarán casos de éxito asociados ás oportunidades que ofrecen esas liñas de axudas.
Programa Inscricións
|
|
|
|