II ENCONTRO DE DESEÑO PARA A INNOVACIÓN EMPRESARIAL. FERROL, 28 DE XUÑO
A Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través da Axencia Galega de Innovación (Gain), celebra o II Encontro de Deseño para a Innovación Empresarial que se desenvolverá o vindeiro venres 28 de xuño a partir das 10 h, no CIS Galicia (A Cabana s/n) en Ferrol.
O evento ten como obxectivo abrir novas canles de contacto entre os profesionais do deseño e as empresas galegas, con especial atención nesta edición ao deseño estratéxico para a innovación centrada nas persoas.
Durante a xornada farase balance do primeiro ano de traxectoria do Programa de Deseño para a Innovación 2020 e presentaranse as novas accións que a Xunta de Galicia está a promover para impulsar o deseño galego como ferramenta competitiva nas empresas, especialmente nas pemes.
Programa
Inscrición
|
|
|
|