PRÓXIMO MARTES 4, XORNADA PAÍS: DIXITALIZACIÓN DO MERCADO ALIMENTARIO EN EEUU
A Xunta de Galicia, a través do Igape e dentro do Programa interreg España-Portugal, ECICII Plus 1E, convoca a xornada país dirixida ás empresas da eurorrexión Galicia-Norte de Portugal Dixitalización do mercado alimentario en EEUU.
Día: 04/06/2019
Horario: de 08.45 h a 13 h
Lugar: sala de cursos do Igape en Santiago de Compostela (San Lázaro s/n)
O taller centrarase en mostrar ferramentas dixitais sinxelas e alcanzables coas que os produtores españois poderán xerar a sua identidade dixital e ofrecer os seus productos nesas canles aos que os encargados de compras acoden para incorporar novos productos. Algunhas das ferramentas das que se falará serán: Pikto Chart, Canva, RangeMe, Linkedkn, Amazon, redes sociais, etc. Explicarase ademáis como manter una comunicación continua cos clientes e xerar contido que incremente as vendas.
Inscrición e máis información
Esta iniciativa celébrase no marco do Proxecto ECICII Plus para a internacionalización das pemes da eurorrexión, financiado polo Programa interreg V-A España-Portugal (POCTEP) da Unión Europea e o FEDER.
|
|
|
|