PRÓXIMO MÉRCORES 15, XORNADA PAÍS: NOVA LEI DE ENVASES E EMBALAXES EN ALEMAÑA
A Xunta de Galicia, a través do Igape e dentro do Programa interreg España-Portugal, ECICII Plus 1E, convoca dúas xornadas país dirixidas ás empresas da eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, a primeira delas terá lugar o vindeiro mércores 15.
NOVA LEI DE ENVASES E EMBALAXES EN ALEMAÑA
Día:15/05/2019
Horario: de 10.45 h a 14 h
Lugar: salón de actos do Museo Pedagóxico de Galicia (MUPEGA) en Santiago de Compostela (San Lázaro s/n)
Contido das xornadas:
-
Lei de envases e embalaxes: O 1/1/2019 entrou en vigor a nova lei alemá de envases que afecta a todos os produtos envasados, incluídos os exportados postos en circulación no mercando alemán e que estean destinados ao consumidor final, hoteis, restaurantes, hospitais, etc. As empresas do comercio online que vendan os seus produtos directamente ao consumidor alemán tamén están afectadas. A principal novidade é a obrigación de rexistro ante a recentemente creada Axencia Central de Envases. O obxetivo deste seminario é tratar de aclarar as dúbidas que en relación coa aplicación desta nova lei poidan xurdir ás empresas españolas que operan no mercado alemán.
Inscrición e máis información
A comezos do mes de xuño, terá lugar outra das xornadas país.
DIXITALIZACIÓN DO MERCADO ALIMENTARIO EN EEUU
Día: 04/06/2019
Horario: de 08.45 h a 13 h
Lugar: sala de cursos do IGAPE en Santiago de Compostela (San Lázaro s/n)
Contido das xornadas:
-
Dixitalización do mercado alimentario en EEUU: o taller centrarase en mostrar ferramentas dixitais sinxelas e alcanzables coas que os produtores españois poderán xerar a sua identidade dixital e ofrecer os seus productos nesas canles aos que os encargados de compras acoden para incorporar novos productos. Algunhas das ferramentas das que se falará serán: Pikto Chart, Canva, RangeMe, Linkedkn, Amazon, redes sociais, etc. Explicarase ademáis como manter una comunicación continua cos clientes e xerar contido que incremente as vendas.
Inscrición e máis información
Estes talleres celébranse no marco do Proxecto ECICII Plus para a internacionalización das pemes da eurorrexión, financiado polo Programa interreg V-A España-Portugal (POCTEP) da Unión Europea e o FEDER.
|
|
|
|