BUSINESS FACTORY FOOD: XORNADA DE PRESENTACIÓN NA UNIVERSIDADE DA CORUÑA
A Universidade da Coruña e o Instituto Tecnolóxico de Galicia organizan unha xornada de información o vindeiro 30 de abril ás 12.30 h sobre a primiera convocatoria da Business Factory Food (BFFood), a aceleradora galega do sector agroalimentario posta en marcha recentemente pola Xunta de Galicia e o Clúster de Alimentación de Galicia (CLUSAGA).
No acto, que terá lugar no salón de actos do Centro de Investigacións Científicas Avanzadas (CICA) na cidade da Coruña (As Carballeiras s/n, Campus de Elviña), os participantes poderán coñecer a capacidade desta aceleradora vertical para mellorar a madurez dos proxectos de innovación, a sua taxa de éxito así como o seu rendemento final en novos modelos de negocio emprendedor.
A BFFood é unha iniciativa promovida polo Igape, Gain, XesGalicia e CLUSAGA, na que colaboran empresas galegas tractoras do sector, como Grupo Calvo, Grupo Nueva Pescanova, Bodegas Martin Codax, Kiwi Atlántico, Clavo Food Factory, CLUN Cooperativas Lácteas Unidas, Quescrem y Torre de Nuñez. Ademais, participan entidades como as Universidades de Vigo, Santiago de Compostela e A Coruña, Anfaco-Cecopesca, a Asociación Galega de Cooperativas Agrarias (AGACA), Gradiant, a Cámara de Comercio de Santiago de Compostela e a Fundación FEUGA.
Inscricións para asistir á xornada
Máis información da BFFood
|
|
|
|