PLATAFORMA DIXITAL DE ASESORAMENTO ANTE O BREXIT: FERRAMENTA DE AUTODIAGNÓSTICO PARA AS EMPRESAS
A Xunta de Galicia, a través do Igape, ofrece ás pemes galegas un servizo de diagnose técnica e personalizada que permite coñecer e entender o impacto real do Brexit na súa actividade diaria.
A ferramenta de autodiagnóstico, gratuíta e aberta a calquera empresa galega con relacións comerciais con Reino Unido ou con operativa vinculada a provedores ou clientes nese país, está pensada tamén para coñecer a situación comparativa de cada peme respecto a outras organizacións con diferentes niveis de madurez, exposición, recursos e actividade.
Mediante un rexistro e un cuestionario breves, o servizo ofrece a información a través dun informe xerado automaticamente.
Acceso á plataforma Guía de uso da plataforma
Máis información: brexitgalicia@igape.es
|
|
|
|