QUE PODEN FACER AS TECNOLOXÍAS POLO TEU NEGOCIO E RE-ACCIONA TIC. WEBINAR MARTES 9 ABRIL
As empresas interesadas en analizar o seu estado e potencial 4.0, definir un itinerario para incorporar as tecnoloxías dixitais, implementar solucións da Industria 4.0 co acompañamento dunha consultoría especializada, e xerar un modelo de simulación industrial, teñen a oportunidade de participar o vindeiro martes 9 de abril, ás 10 h, no seminario web organizado polo Igape e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).
Na sesión que se celebrará vía streaming, ademais de informar sobre os servizos do programa ReAcciona TIC -que mantén aberta a convocatoria vixente-, o Centro Tecnológico de la Información y la Comunicación (CTIC) e as empresas Team and Time e Soltec Ingenieros darán claves aos participantes sobre como avanzar e afrontar os desafíos da Industria 4.0 para mellorar a súa competitividade.
Máis información
|
|
|
|