XORNADA TÉCNICA: INFRAESTRUTURAS COLABORATIVAS DE APOIO INDUSTRIAL
-----------
A Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través do Igape, activa unha consulta para coñecer a demanda que as infraestruturas colaborativas de apoio industrial teñen entre o tecido produtivo galego. A invitación, aberta a todas as empresas e asociacións empresariais galegas, así como aos demais operadores económicos, ten como obxectivo a posta en marcha dunha liña de axudas que permita impulsar este tipo de centros e instalacións industriais.
Para ofrecer información detallada desta iniciativa, o próximo luns 5 de novembro a partir das 10 h, terá lugar un taller de presentación en Santiago de Compostela, no hotel Puerta del Camino. Ademais de coñecer polo miúdo a quen vai dirixida a convocatoria e que infraestruturas se poden propor, os participantes na xornada disporán de información sobre o programa de actuacións previsto pola Xunta de Galicia para desenvolver este proxecto de apoio industrial.
Máis información
Inscricións: mat@igape.es
Resolución DOG Invitación para a manifestación de interese sobre a liña de axudas
|
|
|
|