PROGRAMA REFORMA TUR 2019. OS ESTABLECEMENTOS HOTELEIROS PODEN PRESENTAR AS SOLICITUDES ATA O 30 DE ABRIL
Os hoteis, albergues e casas de turismo rural interesados en acollerse ás axudas do Reforma Tur 2019, que acaba de activar a Consellería de Economía e Industria, poden presentar as súas solicitudes ata o próximo 30 de abril.
O Reforma Tur 2019, xunto coas axudas para a mellora das infraestruturas dos establecementos turísticos, está incluído no Plan MAT, de Mellora de Aloxamentos Turísticos, aprobado recentemente pola Xunta co obxectivo de incentivar a creación de novos establecementos, mellorar os xa existentes e apoiar as iniciativas do sector con instrumentos financieiros.
Ficha Reforma Tur 2019
Resolución DOG Reforma Tur 2019
|
|
|
|