ENCONTRO EUROPEO SOBRE O DESEÑO PARA A INNOVACIÓN: POLÍTICAS PÚBLICAS E BOAS PRÁCTICAS EMPRESARIAIS
Dar visibilidade ás políticas públicas en materia de deseño para a innovación, difundir casos de éxito de empresas tractoras galegas e mostrar precedentes e referentes do deseño industrial en Galicia, a través dunha publicación e unha exposición, son os principais obxectivos do encontro europeo Políticas públicas e boas prácticas empresariais de deseño para a innovación, que se desenvolverá o próximo 11 de decembro, na sede do CIS Galicia, en Ferrol.
Trátase dunha iniciativa promovida pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través de Gain, que terá continuidade a través das múltiples accións contempladas no novo Programa de Deseño para a Innovación 2020.
Programa
Inscrición
|
|
|
|