XOVES 15 NOVEMBRO, SANTIAGO DE COMPOSTELA: FEIRA EXPO ANTAD & ALIMENTARIA MÉXICO 2019. PRESENTACIÓN DA CONVOCATORIA DE PARTICIPACIÓN
A Xunta de Galicia, a través do Igape, e en colaboración coa Cámara de Comercio da Coruña, ANFACO, o Consello Regulador da D.O. Rías Baixas e o Consello Regulador da D.O. do Ribeiro, traballan na participación agrupada na Feira Expo ANTAD & Alimentaria México, referente da industria de alimentos e bebidas do mercado mexicano e porta de acceso ao continente americano, que se celebrará no recinto feiral Expo Guadalajara - México, do 5 ao 7 de marzo de 2019.
Convocatoria FOEXGA da Participación agrupada de Galicia na Feira Expo ANTAD. Cámara de Comercio de A Coruña. Tlf.: 981 216 074
Co obxecto de ofrecer información de primeira man sobre a importancia da feira, así como das especificidades da loxística do produto agroalimentario galego con México, invitamos ás empresas interesadas a participar na seguinte XORNADA DE PRESENTACIÓN da convocatoria:
- Data: 15 de novembro de 2018
- Horario: 10 - 12 h
- Lugar: Museo Pedagóxico de Galicia (MUPEGA). Rúa de San Lázaro 105, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.
Programa | Inscrición
|
|
|
|