OBRADOIROS DIXITALIZACIÓN INDUSTRIA 4.0: TECNOLOXÍAS INNOVADORAS PARA A INDUSTRIA MODERNA
O Clúster TIC Galicia organiza co apoio da Xunta un grupo de traballo sobre as Tecnoloxías innovadoras para a industria moderna. O obradoiro terá lugar o próximo martes 6 de novembro ás 10 h na Coruña, no Pazo de Exposicións e Congresos (Peirao de Transatlánticos s/n).
Na xornada, que se desenvolve ao abeiro do programa Obradoiros de dixitalización Industria 4.0, que promove e financia o Igape, os asistentes recibirán información sobre as axudas que o Instituto pon a disposición das empresas que desexan abordar proxectos de dixitalización e, ademais, poderán escoitar intervencións de expertos sobre a materia.
A continuación, diferentes empresas presentarán produtos con aplicación na Industria 4.0, nun espazo de mostra no que responderán as cuestións que os participantes expoñan.
Programa
Inscricións: info@ilux.es (indicar nome, cargo e empresa) ou a través da App Events4you
|
|
|
|