VIGO E A CORUÑA, 30 e 31 DE OUTUBRO: ENCONTROS EMPRESARIAIS SOBRE O PAPEL HUMANO NA INDUSTRIA 4.0
Informar ás empresas do impacto que sobre as persoas teñen as novas tecnoloxías no contexto da Industria 4.0 é o obxectivo das xornadas que organizan a Xunta de Galicia, a través do Igape, e a Asociación para o Progreso da Dirección (APD), como parte do programa Capacita Directivos, e en colaboración co Círculo Financeiro de Galicia.
Os encontros desenvolveranse o martes 30 de outubro, a partir das 9 h, en Vigo, na sede do Círculo de Empresarios de Galicia (avenida García Barbón 62), e o mércores 31 de outubro, tamén a partir das 9 h, na Coruña, no Club Financeiro Atlántico (avenida Salvador de Madariaga 76).
As xornadas incluirán relatorios e paneis de expertos nos que se dará conta de experiencias sobre o traballo colaborativo entre persoas e máquinas. Ademais, os participantes poderán dispor de información sobre o programa estatal de axudas Activa Industria 4.0.
Máis información encontro Vigo
Máis información encontro A Coruña
|
|
|
|