III FÓRUM RETOS INTERNACIONAIS DO ECOSISTEMA SAÚDE, RIES18
Pontevedra acollerá os próximos 24, 25 e 26 de outubro o III Fórum Retos Internacionais do Ecosistema de Saúde RIES18, que organiza o Clúster Saúde de Galicia (CSG) e no que o Igape colabora e participa achegando información e reflexións sobre o modelo de innovación que supoñen as Bussiness Factories.
Baixo o lema “Cidades intelixentes, saudables e amigables: garantir unha vida sa e promover o benestar en todas as idades", no encontro analizarase o impacto que os espazos urbanos teñen na mellora da saúde e a calidade de vida dos seus habitantes, ao tempo que pretende ser un espazo de debate sobre os novos métodos de relación sociasanitaria, os modelos de negocios orientados ás persoas e os novos servizos enfocados aos cidadáns.
Aberto a profesionais da saúde, usuarios, empresas e calquera grupo intereresado neste eido, os participantes nas xornadas terán a ocasión de asisitir a relatorios e paneis de expertos, obradoiros e visitas a compañías, institucións e centros tecnolóxicos do ecosistema saúde galego.
Máis información e programa
|
|
|
|