EXPERIENCIAS DE INTERNACIONALIZACIÓN: IMPACTO NAS ÁREAS FUNCIONAIS DA EMPRESA. MARTES 23 DE OUTUBRO, EN SANTIAGO
A Asociación para o Progreso da Dirección (APD) e Excelia organizan, en colaboración coa Xunta de Galicia, o encontro Experiencias de internacionalización: impacto nas áreas funcionais da empresa, que se celebrará o martes 23 de outubro a partir das 9.30 horas, no Hotel OCA Puerta del Camino (rúa Miguel Ferro Caaviero s/n), en Santiago de Compostela.
A xornada ten como obxectivo dar a coñecer ás empresas galegas as vantaxes e riscos de apostar por diferentes fórmulas e mercados nos plans de internacionalización. Incluirá relatorios sobre as liñas de apoio neste eido que a Xunta pon a disposición das empresas galegas a través do Igape, e sobre casos de éxito, que presentarán directivos de diferentes compañías.
Máis información e inscricións
O código de invitación do IGAPE para inscribirse é I18XHXCB
|
|
|
|