I ENCONTRO SOBRE EXCELENCIA TECNOLÓXICA INTERNACIONAL. SANTIAGO DE COMPOSTELA, 17 DE OUTUBRO
Descubrir os principais desenvolvementos e as tecnoloxías emerxentes dos centros tecnolóxicos galegos e coñecer casos de éxito en materia de innovación de empresas líderes de distintos sectores estratéxicos son dous dos obxectivos do I Encontro sobre Excelencia Tecnolóxica Internacional, que se desenvolverá o mércores 17 de outubro en Santiago de Compostela.
Na xornada, promovida pola Alianza Tecnolóxica Intersectorial de Galicia (ATIGA) coa colaboración da Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través de Gain, os asistentes terán a oportunidade, ademais, de coñecer o modelo finlandés de excelencia innovadora e a perspectiva institucional da Xunta de Galicia.
Programa
Inscricións
|
|
|
|