CONVOCATORIA PROGRAMA TALENTO SÉNIOR 2018: CONTRATACIÓN DE PERSOAL DE ALTA CUALIFICACIÓN EN I+D+i
No marco do eido estratéxico RIS3-Programa emprendemento innovador, a Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través da Axencia Galega de Innovación (GAIN), promove o programa Talento Sénior 2018, unha iniciativa destinada á contratación de persoal de alta cualificación, así como a estimular a demanda no sector público e privado deste tipo de profesionais para acometer proxectos de I+D+i en Galicia.
As axudas deste programa poden ser solicitadas tanto por empresas como por organismos de investigación non universitarios públicos ou privados con centro de traballo en Galicia.
Data límite de presentación de solicitudes: ata o 29/10/18.
Máis información
|
|
|
|