ECICII PLUS. MISIÓN INVERSA PARA EMPRESAS INTERESADAS NOS MERCADOS DE PERÚ, PANAMÁ E COLOMBIA
As empresas galegas interesadas na localización de clientes en mercados de Latinoamérica como Perú, Panamá ou Colombia poden inscribirse na misión inversa que se desenvolverá entre os próximos días 4 e 8 de xuño.
A misión inversa, organizada pola Confederación de Empresarios de Pontevedra ao amparo do programa ECICII+, do que tamén é socio o Igape, trae a Galicia a 8 compradores e prescritores para os citados mercados.
As empresas poderán ter así a oportunidade de reunirse cos compradores para dar a coñecer as súas empresas, descubrir oportunidades de negocio internacional ou cerrar vendas de produtos. Prazas limitadas.
Inscricións Máis información
O programa ECICII+, financiado polo programa Interreg V-A España-Portugal (POCTEP) da Unión Europea e o FEDER, ten entre os seus obxectivos a promoción da internacionalización das Pemes de Galicia e Norte de Portugal.
|
|
|
|