XORNADA SOBRE A MELLORA DA COMPETITIVIDADE NO SECTOR AGROALIMENTARIO
A innovación, a implantación de tecnoloxías innovadoras e a atención das demandas do novo consumidor son factores que están a dinamizar o desenvolvemento do sector agroalimentario, determinando a mellora da competividade das empresas do sector.
Estas cuestións serán abordadas nunha xornada sectorial que se celebrará en Ourense, mañá venres 13 de abril, organizada pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través do Igape e en colaboración co Clúster Alimentario de Galicia e a Confederación Empresarial de Ourense. O acto terá lugar na sede da Confederación Empresarial de Ourense (praza das Damas 1) a partir das 9.30 horas.
Representantes das empresas Lago aves, Biscuits Galicia, Aceites Abril e Galician Original Drinks compartirán cos asistentes ás súas experiencias de participación no programa Re-acciona desenvolvido polo Igape.
Programa e inscricións
|
|
|
|