II ENCONTRO DOS ESPAZOS COWORKING IGAPE-EOI E II FORO DE INVESTIMENTO DE PROXECTOS DOS ESPAZOS COWORKING
A través do IGAPE, en colaboración co Escuela de Organización Industrial (EOI), a Xunta de Galicia organiza o II Encontro de espazos coworking, que se desenvolverá o vindeiro mércores, 7 de marzo, no Edificio Museo da Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela (A Coruña). Esta xornada dará a coñecer algúns dos mellores proxectos desenvolvidos polos emprendedores e novos empresarios participantes nos 8 espazos Coworking.
Máis información e inscricións
Ese mesmo día e no mesmo lugar desenvolverase o II Foro de investimento de proxectos desenvolvidos nos espazos coworking. Este foro permitirá por en contacto a investidores privados e entidades financeiras cos promotores dos mellores proxectos desenvolvidos nos 8 espazos Coworking (Santiago, Ferrolterra, Mariña lucense, Ribeira Sacra, Costa da Morte, Celanova e Terras da Limia, Ourense e O Salnés) postos en marcha polo Igape e a EOI
Máis información e inscricións
|
|
|
|