ACCIÓNS DE FORMACIÓN E ASESORAMENTO PARA A RECUPERACIÓN E CONTINUIDADE DE EMPRESAS AFECTADAS POLOS INCENDIOS
O próximo mércores, día 27, será presentado en Vigo e Ourense o programa de accións de formación, diagnóstico e asesoramento impulsado pola Xunta de Galicia, no marco do convenio asinado entre o Igape e a Fundación Instituto Cameral para a Creación e Desenvolvemento da Empresa (INCYDE) para o desenvolvemento das actuacións destinadas a dar novo impulso á actividade económica e empresarial nas zonas afectadas polos incendios rexistrados en Galicia a mediados do pasado mes de outubro.
As presentacións do programa de formación "Diagnóstico e Plans de Acción para a mellora da competitividade das Pemes", e do convenio coa Fundación AON para prestar aos afectados polos incendios asistencia nas reclamacións ante as compañías aseguradoras serán:
- En Vigo: 27 de decembro, ás 10 horas, no Edificio Administrativo Xunta 1ª planta, sala A.
- En Ourense: 27 de decembro, ás 13 horas, no salón de actos de Prado Lonia, Villamil e Castro s/n.
Prégase confirmación: igapenova@igape.es
Máis información: 981 541148 |
|
|
|