GALICIA GLOBAL. PUNTO DE ENCONTRO PARA DIRECTIVOS GALEGOS QUE TRABALLAN EN GALICIA OU NO EXTERIOR
A Cidade da Cultura acollerá, o 21 de decembro en Santiago de Compostela, a primeira edición de Galicia Global, punto de encontro dos directivos galegos expatriados e os que traballan en Galicia. Organizado pola Asociación Española de Directivos (AED) coa colaboración da Xunta de Galicia, a través do Igape, e de AEGAMA, o encontro ten como obxectivo fortalecer a internacionalización da economía galega e o desenvolvemento internacional dos seus líderes actuais e futuros.
Ao longo da xornada debateranse cuestións como as oportunidades de investimento en Galicia por parte de directivos galegos e as empresas que dirixen no exterior, as tendencias empresariais a nivel global de interese para o tecido produtivo da Comunidade, oportunidades de negocio para as empresas galegas no exterior, e intercambio de mellores prácticas entre empresas galegas e empresas internacionais dirixidas por galegos. O evento servirá tamén como espazo de networking entre os directivos participantes.
-
Data e hora: Xoves 21 de decembro de 2017, de 12:00 a 14:30 horas.
-
Lugar: Cidade da Cultura de Galicia (Auditorio 2 Edificio Cinc). Monte Gaiás, s/n. Santiago de Compostela.
-
Contacto: Olga Macià. Email: olga.macia@asociaciondedirectivos.org
Más información
|
|
|
|