NOVA LIÑA DE AXUDAS - EMPREGA XUVENTUDE
O próximo 15 de decembro remata o prazo para acollerse a nova convocatoria de axudas Emprega Xuventude, publicada o pasado 25 de agosto no Diario Oficial de Galicia (orde da Consellería de Economía, Emprego e Industria que regula o programa de incentivos de bonos á contratación e formación de persoas mozas).
Obxecto da axuda: Apoiar a incorporación de mozos e mozas galegos ás empresas, contribuindo á mellora das capacidades dos xóvenes e das empresas.
Dirixida a: Empresas pertencentes aos sectores de Industria 4.0 e o sector agroalimentario.
Contía: 7.000 €.
Prazo: Remata 15 de decembro de 2017.
Requisitos das empresas: Mínimo 5 persoas traballadoras e contar cun 60% de estabilidade laboral.
Requisitos dos candidatos: Ser menor de 30 anos, estar en situación de desemprego no momento da contratación e non ter traballado nos últimos 6 meses para a empresa solicitante.
Bono contratación: Contratacións cunha duración mínima inicial de 12 meses a tempo completo. Incentivarase cunha axuda de 5.000 €.
Bono de formación: Formación, adaptada ás necesidades da empresa, cunha duración mínima de 50 horas lectivas. Incentivarase cunha axuda de 2.000 €.
Máis información
Teléfono de contacto: 981 544 610
E-mail: contaallea.emprego@xunta.gal
|
|
|
|