XORNADA TÉCNICA IFIs: NOVO PROGRAMA DE PRÉSTAMOS DO IGAPE PARA APOIAR INVESTIMENTOS 4.0, INNOVACIÓN OU PROXECTOS DE EMPRENDEDORES
O Igape achegará información detallada sobre o novo programa de Instrumentos Financeiros Innovadores (IFIS), que a Consellería de Economía, Emprego e Industria activará nas próximas semanas, na xornada técnica que se desenvolverá o próximo venres, 6 de outubro, no salón de actos do Mupega (San Lázaro, 107), en Santiago de Compostela, a partir das 10 e ata as 11:30 horas.
O novo programa de préstamos directos do Igape ten como obxectivo apoiar, ao abeiro de liñas diferenciadas, investimentos empresariais desenvolvidos no ámbito da Industria 4.0, iniciativas impulsadas por novos emprendedores e proxectos innovadores.
Os préstamos, comprendidos entre 50.000 e 1 millón de euros, contarán con prazos de amortización entre 7 e 12 anos, e incluirán unha subvención para rebaixar os custos financeiros, polo que os xuros a pagar polos beneficiarios poderían quedar no 0%.
Más información e incricións: comunicacion@igape.es
|
|
|
|