PREMIO PARA POTENCIAR A CAPACIDADE INNOVADORA DO SECTOR FORESTAL EN GALICIA
Potenciar a capacidade innovadora do sector forestal en Galicia é o obxectivo fundamental do I Premio ao Proxecto Innovador Forestal, que ten a súa orixe na Mesa Forestal promovida pola Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía, e da que forman parte o Igape, a Escola de Enxeñería Forestal, A Escola de Formación e Experimentación Agroforestal de Lourizán, o Cluster da Madeira e o Deseño, a Asociación Sectorial Forestal Galega e a compañía Ence.
O galardón tamén busca animar aos futuros emprendedores que están formándose en escolas de enxeñería forestal ou en ciclos de formación profesional para que se animen a desenvolver novos modelos de xestión, produtos ou servizos neste sector.
O premio estará dotado con 5.000 euros, e o gañador poderá acceder a un espazo coworking en Porto do Molle, no marco da colaboración aberta entre Xunta e o Consorcio da Zona Franca; tamén poderá acceder a financiamento de Xesgalicia,
O prazo para a postulación de candidatos, persoas físicas ou xurídicas con proxectos innovadores no sector forestal -en procesos, produtos ou servizos- rematará o próximo 16 de outubro. As propostas que se presenten deberán mostrar unha achega de innovación e impacto medibles en términos da súa creación de valor.
Consultar bases
|
|
|
|